Total visitas á páxina

jueves, 31 de mayo de 2007

Castros de Val do Dubra


CASTROS DO VAL DO DUBRA

PORTOMEIRO
Lugar:Portomeiro
Parroquia: San Cosme de Portomeiro
Estado: En mal estado, ateigado de maleza
Descrición do castro(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Componse o castro ou castelo dun único recinto de forma ovalada e perfectamente adaptado ás posibilidades que lle ofrece a parte máis alta do monte. Este único recinto deféndese por un sólido sistema defensivo composto por un parapeto reforzado en todo o seu perímetro por numerosas afloracións graníticas que sirven de atalaias defensivas e baluartes de difícil superación. A croa móstrase moi irregular e de difícil estudio polo estado de abandono no que se encontra. A maleza cubre a totalidade da superficie interior e varios penedos atópanse a carón da defensa.
Medidas: N. S.: 70m. L.W.: 80m."
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


Manuel Gago fai unha interesante reportaxe en Capítulo 0: http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/03/27/republicas-de-homes-libres-santuarios-e-castelos-na-beira-do-tambre/

Mámoa 1 de Paraños, Vilardoa

Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 2 de Paraños, Vilardoa
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


Mámoa 1 de Mato Grande, Vilardoa
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 2 de Mato Grande, Vilardoa
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala



BUXAN
Lugar: Buxán
Parroquia: Santiago de Buxán
Estado: ArrasadoDescrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"A súa situación actual impide calquera precisión con respecto dos antergos sistemas defensivos. O estado de aniquilamento é de tal consideración que só o especial emprazamento xeoestratéxico, floclore e escasos vestixios dun parapeto, permite determninar que existe un poboado castrexo"
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


Castro a Croa de Montemaior

Prema sobre a imaxe para ampliala



Prema sobre a imaxe para ampliala





Mámoa 1 Costa do Marco
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 2 Costa do Marco
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


NIVEIRO

Lugar: Niveiro
Parroquia: San Vicente de Niveiro
Estado: En bó estado, aínda que cuberto de vexetación.
Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Componse o castro dun recinto interior de forma ovalada acusadamente inclinado de levante a poñente. Deféndese por unha rexa muralla de pedra de mampostería que na banda onde o chan da croa acada a súa máxima pendente, a rexión que mira ó val do río Dubra, transfórmase nun terraplén de importante inclinación. A muralla atinxe as súas máximas proporcións na proximidade á capela de San Antonio. A altura interior é superior ós 4 m. aproximadamente. A medida que se vai desplazando ata ámbolos dous lados vai perdendo altura.
Medidas: N:S:: 80m L:W:: 85m."4
No castro de Niveiro din que había un túnel que salía a unha fincas máis abaixo.

Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Os Castrelos
Non se obsevan estructuras defensivas ou habitáculos polo que podería tratarse máis ca dun castro de unha fortaleza defensiva altomedieval

Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


RIAL-MALVARES


Lugar: Malvárez
Parroquia: San Vicente de Rial
Estado: En perigo de desaparición. Foi destruída a súa parte de poñente por mor dos desmontes, un recente
Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Presenta un recinto central único e de forma arriñonada, pero moi irregular, e cun maior desenvolvemento superficial da parte situada na rexión meridional. Amosa unha clara e visible inclinación de sur a norte, máis acusadas de poñente a levante, e deféndese por medio dunha forte muralla e terraplén en todo o perímetro. A muralla ostenta unha altura exterior superior ós 5 m. na banda que mira á aldea de Malváres Grande e vai perdendo consistencia a medida que vai desplazando cara os puntos sobresaíntes e angulosos da acrópole castrexa.
Medidas: N:S.: 110 m. L.W.: 60 m."
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala



O Castro
Parroquia: San Vicente de Rial
Estado: Desaparecido prácticamente sobre todo na croa e o flanco meridional. Presenta un único recinto principal ou croa con terraza polo lado norte e rodeado por un desnivel natural que o defende, dimensións aprox.: 80-86 m. de diámetro. Sábese que houbo un castro pola súa toponimia .Aparecíu un muiño de man de tempo prerromano-romano tamén desaparecido.
Castro de Idade do Ferro.
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala





PARAMOS

Lugar: Paramos
Parroquia: Santa María de Paramos
Estado: Bó. Cuberto de Maleza
Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989"Presenta un único recinto central de forma ovalada e con clara tendencia a inclinarse dende o levante ó poñente e mais profundamente de sur a norte. A croa bastante irregular componse dun recinto dividido en dúas partes por un sector central que vai de oriente a occidente e que se eleva por enriba do nivel da acrópole situado na banda do norte e que pode actuar a xeito de valioso elemento defensivo ou pequeno foso. Arrodea a esta acrópole un parapeto de dimensións importantes por toda a banda meridional, dende o poñente ó levante, e que conserva tódalas súas magnitudes e proporcións ata o camiño que se adentra na croa.
Medidas: N.S.: 60m. L.W.: 70m."

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 1 de Taberna Vella, A Cavada

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 2 de Taberna Vella, A Cavada


Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


PORTOMOURO

Lugar: Portomouro
Parroquia: San Cristobal de Portomouro
Estado: Mal.
Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Presenta un recinto central lixeiramente inclinado ás marxes do Tambre, de aspecto bastante uniforme e no que o seu sistema de protección consiste no levantamento dun sólido parapeto, cunha altura superior ós 5 m., e que pola banda meridional foi recentemente arrasado. Rodeando este recinto central atópase unha plataforma que nalgunhas partes é cinguida dun parapeto bastante esmorecido e que na banda septentrional foi totalmente arrasado. Mais que unha plataforma interior trátase dun foso defensivo de aproximadamente 10 m. de anchura que envolve a totalidade da croa castrexa.
Medidas: N.S.: 70m. L.W.: 85m.

Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


"Preto atopamos a Pedra do Home(Tumbas excavadas en pedra que posiblemente, non foron estudiadas a fondo, sexan da época sueva)
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala
Para ver máis destes sartegos da Pedra do Home ir a: http://apedradohome-patinho.blogspot.com.es/

Castro Bico do Castro, Xermán
Asentamento castreño da Idade do Ferro de planta oval con un único recinto, defendido por un parapeto e un foso na metade setentrional e pola pendente natural do terreo na metade meridional. O parapedo, bastante alterado, ten 20m. de ancho e 4 m. de alto, mentras no foso, moi acolmatado, ten 4 m. de ancho e 1 m. de profundidade
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala



ARABEXO
Castro do Castrillón

Prema sobre a imaxe para ampliala

http://contalocal.com/valdodubra/PXOM/VAL-AIE01-09-CATALOGO/FICHAS/0105.pdf
Prema sobre a imaxe para ampliala

http://contalocal.com/valdodubra/PXOM/VAL-AIE01-09-CATALOGO/FICHAS/0105FOTO.pdf

Castro O Castro

Prema sobre a imaxe para ampliala


BEMBIBRE


O Pazo
Estado: Regular-mal. Hai un par de anos foi vítima dun desbroce para aproveitamento agrícola.Descrición(según X. Agrafoxo. Santiago, 1989)"Ostenta o xacimento un único recinto circular protexido por un parapeto de terra que amosa escasas proporcións por causa de esmorecerse en todo o arredor ata as rexións limítrofes exteriores. Na parte interior deste recinto atópase unha acumulación de terra totalmente cuberta de piñeiros, que acada unha altura semellante á da defensa exterior, e entre eles un pequeno foso interior de escasísimas magnitudes dáda-las reducidísimas proporcións do xacimento. Nada mellor que a análise do perfil do castro para poder aprecia-la forma desta acrópole.
Medidas: N.S.: 50m. L.W. 50m."


- 02.YC22 - Arquitectura militar. “Castelo do Pazo. O Castelo”, GA15088007 (OPazo)






Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa de Montecagón
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa de Faxón
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

COUCIEIRO (San Martín)
Mámoa da Pedra Pasadoira, Lal-Coucieiro
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 1 do Marco Grande, Vilalba-Coucieiro
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 2 do Marco Grande, Vilalba-Coucieiro
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Estructura defensiva Monte do Castrelo, Bascuas-Coucieiro
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

SAN ROMÁN

Mámoa 1 de Porto Rabeiro, Xermil
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 2 de Porto Rabeiro, Xermil
Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 1 de Bugalleiras, Vilar
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa 2 de Bugalleiras, Vilar
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

Mámoa de Pazos, Ínsua
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala

VILARIÑO
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


Mámoa 1 do Alto de Vilariño
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala


Mámoa 2 do Alto de Vilariño
Prema sobre a imaxe para ampliala

Prema sobre a imaxe para ampliala



Bibliografía:
Debuxos dos castros e Descrición de: O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra(ed. Sementeira) de Xerardo Agrafoxo.
Eptisa: http://contalocal.com/valdodubra/index.php?dir=PXOM/VAL-AIE01-09-CATALOGO/FICHAS/